Comer, cear e tomar algo ao aire libre en Valdoviño

Un refuxio no medio da natureza A 5 minutos de Cedeira e 10 min da praia de Pantín · Aberto de xuño a setembro.

Beduina, terraza e cociña móbil. Atardecer no Porto do Cabo.

Non somos un restaurante ao uso. nin un chiringuito.

Ven só a tomar algo.

BARRA, COCTELERÍA E VERMU

Non é necesario reservar mesa para vir. Podes pasar só a tomar algo: un vermut ao mediodía, unha copa de viño a tardiña ou un mojito canda cae o sol en Porto do cabo. Todo no medio da natureza, entre árbores frutais, coa música que soa e sen máis présa que a que queiras traer.

O noso cóctel insignia é o Mojito Salvaxe, con nós desde o primeiro día de Triböca. Con herba fresca, é unha das mellores formas de empezar a noite.

Tres formas de coñecer TRIBÖCA

O espazo de verán é o centro do que facemos. Pero non é todo.

Beduina e terraza de Triböca ao solpor en Valdoviño

TRIBÖCA Estival

O noso espazo en Porto do Cabo. Beduina, terraza e foodtruck no medio dunha finca.

Aberto de xuño a setembro. Para comer, cear ou tomar algo. Carta de temporada con toques galegos, mediterráneos e mexicanos.

Mesa preparada para evento privado en Triböca, a 5 min de Cedeira

TRIBÖCA Eventos

Transformamos outros espazos nun punto de encontro arredor da mesa.

Deseñamos eventos privados a medida. No noso espazo ou noutros lugares, sempre cunha proposta propia: cociña, ambiente, dirección de arte e detalle.

Foodtruck de Triböca en eventos, cociña móbil galega

TRIBÖCA Foodtruck

Cociña móbil propia para festivais, feiras, marcas e eventos exteriores.

Saímos coa nosa cociña onde faga falta, baixo demanda.

Carta de temporada

Unha proposta pensada para compartir. Cambia coa tempada e co que dá o momento.

PETISCOS

Gilda clásica – 2,30€

Gilda de bocarte – 2,30€

Paté de nécora ou centolo + Mariñeiras – 10,50€

Cachuchale – 10,50€

Chourizo Bravo – 8,50€

Queixo San Margalet a plancha – 13,50€

PRINCIPAIS

A concha de hoxe– S/M

Labneh + allos e tomates cereixa asados + naam – 12,50€ (naam extra +3€)

Vieira do pacifico á chama + manteiga afumada + anchoa (2 ud) – 6,00€

Taco de porco pibil + chiles + albaricoque + crema agria+ Xnipec (2 ud) – 8,00€

Focaccia de pastrami de Black Angus afumado 18h + mostaza de cervexa + cogombriño – 13,00€

Espeto de vaca á prancha + patacas con mollo – 18,00€

Burrata + gambones ao allo– 16,00€

DOCES

Chocolate + sal + AOVE – 5,00€

Coco + mango + piña – 5,50€

Ricotta + Mascarpone + Fruta o viño– 5,50€

RESERVA MESA

Cando estamos abertos?

Horario e reservas

Aberto de xuño a setembro.
Barra sen reserva. Mesa por reserva ou por orde de chegada.

XUÑO – Sábados e domingos a mediodía

XULLO
Sáb · 13:30–17:00 + 19:30–23:30 h

Dom · 13:30–17:00 h

Martes-venres· 19:45–23:00 h (desde 8 de xullo)

Luns · pechado ata o 27 de xullo.

AGOSTO

Aberto todos os días. Consulta horarios da semana en google e en Instagram

SETEMBRO – Sábados e domingos a mediodía

Pechamos sábado 25 e domingo 26 de xullo por evento privado. Volvemos o luns 28.

Aceptamos tarxeta · Aparcadoiro próximo

Como chegar a TRIBÖCA

Estamos en Porto do Cabo, parroquia de Vilarrube, no concello de Valdoviño (A Coruña). Costa Ártabra, comarca de Ferrolterra.

· Desde Cedeira: 5 minutos en coche pola estrada AC-566 dirección Valdoviño
· Desde a praia de Pantín: 5 minutos en coche
· Desde Valdoviño núcleo: 10 minutos
· Desde Ferrol: 25 minutos pola AC-566
· Desde A Coruña: 1 hora aproximadamente

Aparcadoiro gratuíto ao lado. Fácil de chegar con calma.