TRIBÖCA Foodtruck

A nosa foodtruck permítenos levar Triböca a festivais, feiras, bodas e eventos privados cunha proposta propia. Cambia o lugar, pero non a forma que temos de facer as cousas.

Foodtruck de Triböca en Galicia, onde se elabora a carta

Formatos dispoñibles:

Foodtruck
Para eventos con moito movemento, onde a comida ten que funcionar ben e sen complicacións.

Foodtruck + Barra
Un formato máis completo, con comida e bebida no mesmo punto.

Foodtruck + Barra + Carpa Beduina
Un espazo propio dentro do evento, pensado para quedar, parar e darlle máis presenza ao conxunto.

Calendario e dispoñibilidade 2026:

  • Febreiro – Xullo: eventos privados, mercados e festivais.
  • Do 15 de xullo ao 31 de agosto estamos centrados en Triböca Estival, así que nesas datas a dispoñibilidade para saír é máis limitada.
  • Setembro – Novembro: festivais e eventos

Preguntas frecuentas

Para que tipo de eventos se pode contratar?

Festivais, feiras, bodas, eventos privados ou accións de marca.

Pódese adaptar o formato?

Si, podemos ir só coa foodtruck ou montar formatos máis completos con barra ou zona propia.

Como podo pedir información?

Escríbenos por WhatsApp ou a través do formulario e contamos contigo.

Traballades con distintos formatos?

Si, adaptamos a proposta segundo o evento.