Nós
Triböca nace coa intención de crear experiencias gastronómicas en distintos lugares. Dende o inicio, a idea foi que comida, ambiente e lugar tivesen sentido xuntos, arredor da mesa.
O proxecto empezou cunha foodtruck a medida e unha carpa beduina, coa idea de levar propostas a sitios diferentes. Co tempo apareceu Porto do Cabo, e alí o proxecto atopou un espazo propio.
Así naceu Triböca Estival: o noso espazo de verán, a parte máis visible do que facemos. Un laboratorio onde xuntamos comida, ambiente e música, e onde organizamos experiencias para persoas e marcas. Tamén levamos a nosa foodtruck a festivais e eventos.
Co tempo entendemos que o que nos move é deseñar o conxunto da experiencia: crear un espazo propio dende cero, coidar cada detalle e dar forma ao que pasa arredor da mesa.
Hoxe, TRIBÖCA combina tres formas de estar: o espazo, a foodtruck e os eventos. Sempre coa mesma idea detrás: coidar o lugar, a comida e o que pasa cando a xente se senta.
Onde estamos?
O espazo de Triböca atópase en Porto do Cabo, Valdoviño, a poucos minutos de Cedeira, Pantín e Vilarrube.
Podes ver como chegar aquí.
Quen está detrás?
Rubén Fernández Conde, cociñeiro e creador de TRIBÖCA. Formouse en gastronomía, deseño e delineación entre Pontedeume e Santiago de Compostela. TRIBÖCA nace do seu interese pola hospitalidade e pola creación de espazos e propostas con identidade propia: lugares onde a comida, o sitio e o momento teñan sentido xuntos.

