TRIBÖCA Eventos

Deseñamos e preparamos eventos privados, presentacións e colaboracións, tanto no noso espazo como en calquera outro lugar.

Cada evento é diferente: adaptamos a proposta gastronómica, o formato e o ambiente ao que se necesita. Coidamos todo o que pasa arredor da mesa, desde a comida ata a posta en escena.

QUE TIPO DE EVENTOS FACEMOS?

  • Ceas privadas, presentacións e encontros pequenos.
  • Colaboracións e pop-ups: Traballamos con marcas, chefs e produtores que comparten a nosa forma de entender a gastronomía. Se tes unha proposta que pode encaixar co que facemos, falamos.
  • Festivais e eventos: Participamos con foodtruck e formatos adaptados en festivais, feiras e encontros. Levamos a nosa cociña e a nosa estética onde faga falta.

Mesa montada en Triböca Cedeira
Mesa preparada para evento privado ao aire libre en Triböca, a 5 minutos de Cedeira